Novantrek Núcleo
A IA que non sae da túa empresa
Núcleo é a IA de Novantrek: instalámola nun equipo da túa empresa e os teus datos quedan dentro, sen nube e sen cotas por uso.
Desde 50 € + IVE. O equipo, se queres, mercámolo e instalámolo nós.
Por que Núcleo
Catro razóns para ter a IA na casa
Con Núcleo na túa empresa gañas control sobre o que máis importa.
-
Os teus datos, na casa
Contratos, facturas e datos de clientes quedan no teu equipo: non viaxan a ningún provedor de IA.
-
Sen cotas por uso
Pagas a instalación e, se queres, o mantemento. Tanto ten cantas consultas faga o teu equipo.
-
Funciona sen internet
Núcleo responde aínda que caia a conexión, porque vive na túa oficina.
-
RGPD e Lei de IA
Cos datos dentro é máis sinxelo cumprir o RGPD. Deixamos por escrito que fai cada función, quen revisa o que produce e que pide a Lei de IA da UE.
Que fai Núcleo
Cinco usos, un só sistema
Núcleo é o sistema de IA de Novantrek: desenvolvémolo, configurámolo e instalámolo na túa empresa. Escolles os usos que precisas e pódense sumar máis adiante.
-
Asistente interno
Un chat para o teu equipo que redacta, resume, traduce e responde dúbidas sen sacar nada da empresa.
- Co ton e as plantillas da túa empresa
- Para todo o equipo, desde o navegador
-
Pregunta aos teus documentos
Manuais, contratos e actas: o teu equipo pregunta coas súas palabras e recibe a resposta indicando de que documento sae.
- Aliméntase das túas carpetas e mantense ao día
- Cada resposta cita a súa fonte
-
Atención ao cliente
Borradores de resposta feitos cos teus propios documentos, que unha persoa do teu equipo revisa antes de enviar.
- Respostas coherentes con como falades
- Unha persoa sempre dá o visto e prace
-
Transcrición de reunións e chamadas
Do audio ao texto, con resumo e tarefas pendentes. O audio non sae da túa empresa.
- Reunións, chamadas e notas de voz
- Resumo e lista de tarefas
-
Lectura de facturas e albarás
Le os datos de facturas e albarás escaneados ou en foto e déixaos listos para o teu programa de contabilidade.
- Provedor, data, importes e IVE
- Revisión rápida antes de pasalos
Como traballamos
Da túa primeira idea a Núcleo funcionando
Análise gratis
Cóntasnos que tarefas queres levar a Núcleo e que documentos tedes. Definimos os usos e, se fai falta, o equipo.
Proposta pechada
Usos, rendemento esperado e prezo, todo por escrito antes de comezar.
Instalación e adaptación
Instalamos Núcleo, conectámolo aos teus documentos e probámolo contigo.
Formación e mantemento
Formamos o teu equipo, deixamos por escrito o do RGPD e a Lei de IA, e coidámolo cada mes se queres.
O equipo, se o queres
Mercamos e instalamos o equipo por ti
Se o prefires, Novantrek elixe, merca e instala o equipo axeitado, con tarxeta gráfica (GPU) cando o uso o pide, e déixao funcionando. Orzamentase á parte, co modelo e o seu prezo por escrito antes de mercar. Se prefires mercalo ti, dicímosche exactamente que pedir.
Desde 50 € + IVE a instalación; o equipo orzamentase á parte.
Por sectores
Núcleo adaptado ao teu sector
Os mesmos usos, preparados para o traballo de cada oficina. Desde 50 € + IVE, con orzamento pechado por escrito tras unha análise gratis.
-
Xestorías e asesorías
Le facturas e albarás, responde coa normativa e os vosos expedientes e prepara borradores.
Ver Núcleo para xestorías -
Clínicas
Transcribe e resume consultas para que o profesional as revise, cos datos de saúde dentro da clínica.
Ver Núcleo para clínicas -
Despachos de avogados e consultorías
Busca nos vosos expedientes, resume contratos e prepara borradores, coa confidencialidade que pide o voso traballo.
Ver Núcleo para despachos
Núcleo Coidado
A túa IA, coidada cada mes
O mantemento mensual de Núcleo, para que siga respondendo ben ao teu equipo. É opcional e contrátalo cando queiras.
-
Que inclúe
- Actualizacións de Núcleo e do equipo
- Copias de seguranza de Núcleo e da súa configuración
- Revisión de que todo responde
- Axustes dos usos segundo o que pida o teu equipo
- Axuda ao teu equipo cando a precise
-
Núcleo Coidado: 29 €/mes + IVE
Súmase á instalación, desde 50 € + IVE, con orzamento pechado por escrito tras unha análise gratis.
Preguntas frecuentes
Dúbidas sobre Novantrek Núcleo
Que é Novantrek Núcleo?
Os datos saen da miña empresa?
Que preciso para empezar?
Canto custa?
Axuda co RGPD e a Lei de IA?
Quen ensina a usalo e coídao despois?
Cóntanos que queres que faga a túa IA
Escríbenos que tarefas ou documentos queredes levar a Núcleo. Respondémosche cunha proposta tras unha análise gratis, con orzamento pechado por escrito.
Pide a túa propostaÁbrese o teu correo cunha mensaxe preparada para completar. Tamén podes escribir directamente a info@novantrek.com.