Núcleo para despachos e consultorías

IA para o teu despacho, coa confidencialidade intacta

Núcleo busca nos vosos expedientes, resume contratos e prepara borradores nun equipo do despacho. A información dos teus clientes queda dentro.

Desde 50 € + IVE. O equipo, se queres, mercámolo e instalámolo nós.

Que resolve

Atopar, ler e redactar en menos tempo

O traballo documental dun despacho, coa IA dentro da oficina.

  • Busca nos expedientes

    Con Repisa, o noso buscador de documentos, o teu equipo pregunta coas súas palabras e atopa o escrito, a cláusula ou o correo que precisa, co documento do que sae.

  • Resume contratos

    Proción, o noso asistente para textos extensos, le contratos longos dunha vez e prepara un resumo con partes, prazos, obrigas e cláusulas que convén vixiar.

  • Borradores cos vosos modelos

    Escritos, cartas e informes de partida, co voso estilo e os vosos modelos. O avogado ou o consultor revísao e asínao.

  • Confidencialidade

    Expedientes, contratos e comunicacións quedan no equipo do despacho, para coidar o segredo profesional e a confianza dos teus clientes.

Como funciona

Así traballa Núcleo no teu despacho

  1. Análise gratis

    Cóntasnos que documentos manexades e que tarefas vos levan máis tempo. Definimos os usos e o equipo necesario.

  2. Proposta pechada

    Usos, equipo e prezo, todo por escrito antes de comezar.

  3. Instalación no despacho

    Instalamos Núcleo, conectámolo aos vosos expedientes e modelos e probámolo con casos reais vosos.

  4. Formación e coidado

    Formamos o teu equipo, deixamos por escrito o do RGPD e a Lei de IA e, se queres, mantémolo cada mes.

Cada busca cita a súa fonte e cada borrador pasa por un profesional antes de saír do despacho. O teu equipo sabe en todo momento que traballa cunha IA.

Que inclúe

Todo o necesario para que funcione desde o primeiro día

Núcleo é o sistema de IA de Novantrek: configurámolo para o teu sector, instalámolo e coidámolo. Escolles os usos que precisas e podes sumar máis adiante.

  • Instalación e adaptación

    Instalamos Núcleo nun equipo da túa oficina, conectámolo aos vosos cartafoles e probámolo con casos reais vosos.

    • Desde 50 € + IVE
    • Orzamento pechado por escrito tras unha análise gratis
  • O equipo, se o queres

    Escollemos, mercamos e instalamos o equipo axeitado, con tarxeta gráfica (GPU) cando o uso o pide. Se prefires mercalo ti, dicímosche exactamente que pedir.

    • Orzaméntase á parte
    • Modelo e prezo por escrito antes de mercar
    Máis sobre equipos e infraestrutura
  • Formación e Núcleo Coidado

    Formamos o teu equipo con exemplos do voso día a día. Con Núcleo Coidado mantémolo ao día: actualizacións de Núcleo e do equipo, copias de seguranza, revisión de que todo responde, axustes dos usos e axuda ao teu equipo cando a precise.

    • Núcleo Coidado: 29 €/mes + IVE
    • Documentación de RGPD e Lei de IA da UE

Preguntas frecuentes

Dúbidas sobre Núcleo nun despacho

A información dos clientes sae do despacho?
Queda no equipo instalado no despacho. Núcleo traballa alí, tamén sen conexión a internet, e os vosos documentos seguen nos seus cartafoles.
Como atopa Núcleo o que busco?
Repisa indexa os vosos documentos polo seu significado e Léxico ordena os resultados para que o máis útil saia primeiro. Cada resposta indica de que documento sae.
Quen asina o que prepara Núcleo?
O profesional. Núcleo prepara resumos e borradores; revisalos, corrixilos e asinalos é sempre traballo do teu equipo. Deixámolo por escrito, como pide a Lei de IA da UE.
Serve tamén para consultorías?
Si: informes, propostas, actas e documentación de proxectos funcionan igual. Núcleo adáptase aos documentos cos que traballedes.
Temos que mercar un equipo novo?
Depende de canto o vaiades usar. Na análise vemos se serve un equipo que xa teñades; se fai falta outro, escollémolo, mercámolo e instalámolo nós se queres, co seu prezo por escrito antes de mercar.
Canto custa?
A instalación parte de 50 € + IVE, con orzamento pechado por escrito tras unha análise gratis. O equipo, se queres que o merquemos nós, vai á parte. Non hai cota por uso; o mantemento, Núcleo Coidado, é opcional: 29 €/mes + IVE.

Cóntanos con que documentos traballa o teu despacho

Escríbenos que tarefas ou documentos queredes levar a Núcleo. Respondémoche cunha proposta tras unha análise gratis, con orzamento pechado por escrito.

Pide a túa proposta

Ábrese o teu correo cunha mensaxe preparada para completar. Tamén podes escribir directamente a info@novantrek.com.