Ciberseguridade
Atopamos os fallos da túa web e dos teus sistemas antes ca outros
Revisión de seguridade autorizada (probas de intrusión ou pentesting) para pequenas empresas: dicímosche que falla, canto importa e como arranxalo, en linguaxe clara.
Prezos publicados, máis IVE. Segunda revisión gratis.
Servizos e prezos
Revisións con prezo claro
Escolle a que encaixe co que queres protexer. Todos os prezos son sen IVE.
-
Revisión de seguridade da túa web
Buscamos os fallos que ve calquera que queira entrar na túa web e explicámosche como pechalos.
desde 290 €+ IVE
-
Auditoría completa de web, tenda ou app
Inclúe formularios, inicio de sesión, pagos e API: todo o percorrido dos teus usuarios e dos teus datos.
desde 690 €+ IVE
-
Revisión de sistemas e rede de oficina
Servidores, Wi-Fi, equipos, copias de seguridade e accesos remotos.
desde 590 €+ IVE
-
Revisión de correo e dominio
Comprobamos que ninguén poida suplantar a túa empresa: SPF, DKIM e DMARC.
149 €+ IVE
-
Vixilancia continua
Revisión automática cada mes e aviso se aparece algo novo.
39 €/mes+ IVE
-
Corrección de fallos
Orzamento pechado tras o informe, por cada fallo ou por paquete.
desde 90 €/h+ IVE
Cada informe inclúe o que se atopou, a gravidade de cada fallo, como arranxalo en linguaxe clara e unha segunda revisión gratis tras arranxalo.
Riscos para o teu negocio: cada fallo vén co que podería pasar se alguén o aproveita (roubo de datos de clientes, fraude, web caída, suplantación ou sancións do RGPD) e o urxente que é arranxalo.
Queres que o arranxemos nós? Damosche un orzamento pechado co informe, por cada fallo ou por paquete (desde 90 €/hora ou prezo pechado).
Co teu permiso
Só co permiso do propietario
Só revisamos webs e sistemas de quen demostra que son seus ou ten a autorización do seu propietario, e sempre cunha autorización asinada.
Así ti estás protexido e a proba é legal: cada paso queda acordado por escrito antes de empezar.
Para sistemas dun provedor (hosting, nube) respectamos as súas normas de probas.
Como traballamos
Do teu primeiro correo ao informe
Escríbesnos
Escribe a info@novantrek.com co que queres revisar.
Verificamos que é teu
Demostras a titularidade dunha de tres formas sinxelas. Ir á ferramenta de verificación
Asinamos unha autorización
Por escrito: que se proba, que non se toca, datas e horas, e quen responde se pasa algo.
Facemos as probas
Nas datas acordadas, coidando de non interromper o teu negocio.
Entregámosche o informe
E repasamos xuntos os arranxos.
Verificación de titularidade
Demostra que o dominio é teu
Antes de calquera proba comprobamos que o dominio é teu. Tes tres formas de facelo; con unha abonda. A ferramenta calcula o teu código e comproba o resultado.
A. Rexistro DNS TXT
Crea un rexistro TXT en
_novantrek-verificacion.TENDOMINIOco código como valor.B. Ficheiro na túa web
Publica o código en
https://TENDOMINIO/.well-known/novantrek-verificacion.txt.C. Etiqueta na portada
Engade na portada
<meta name="novantrek-verificacion" content="CÓDIGO">.
Sistemas sen dominio
Para redes de oficina, servidores internos ou enderezos IP: autorización asinada polo representante da empresa e proba de titularidade (contrato do provedor ou factura) e, se fai falta, unha comprobación en persoa.
As nosas webs
As webs que facemos, protexidas de serie
Conexión cifrada sempre (HTTPS con HSTS): o que se envía non se pode ler nin cambiar polo camiño.
Cabeceiras de seguridade que bloquean a inxección de código, o roubo de clics e a carga de contido alleo.
Aloxadas na rede de Cloudflare, con protección fronte aos ataques que intentan tirar unha web.
Feitas á medida, lixeiras e sen plugins de terceiros: menos portas por onde entrar.
Arranxos de seguridade de balde: se aparece un fallo de seguridade nunha web feita por nós, arranxámolo sen custo.
Preguntas frecuentes
Dúbidas sobre as revisións de seguridade
É legal?
Cae a miña web durante as probas?
Que riscos teñen as probas?
Que pasa cos meus datos?
Quen arranxa os fallos que atopades?
Cóntanos que queres revisar
Escríbenos que web ou sistemas queres revisar. Respondémosche cos pasos seguintes: primeiro verificamos que é teu e asinamos a autorización.
Pide a túa revisiónÁbrese o teu correo cunha mensaxe preparada para completar. Tamén podes escribir directamente a info@novantrek.com.